VIALIA
bannerPicnicSesions

PIONEIRAS, THE POWER OF WOMAN

27nov20:00PIONEIRAS, THE POWER OF WOMANESPECTÁCULOS | 8,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

iXa Universos de Movemento – Xián Martínez | 55′ | Danza contemporánea

Por cada respiración, por cada bágoa e por cada pinga de suor. Pioneras, The power of Woman, une nunha experiencia de danza a infinitos tipos de mulleres, abandeira o cliché e destrúe o prexuízo sobre o xénero. Homenaxea as pioneiras, as que iniciaron a batalla pola igualdade, acompaña ás que seguen pelexando e conmemora ás que non tiveron a oportunidade de vencer. Baixo a poética da modelaxe e a natureza, Pioneiras introduce á espectadora nun universo de almas fortes e introduce á espectadora nun universo de almas fortes e loitadoras, nun mundo único de amor e respecto por cada individuo, pero sobre todo procura transformar a individualidade do ser humano na unidade dunha sociedade igualitaria. Nesta versión superlativa e única para Galiza nove mulleres darán voz o poder dun universo igualitario.

Ao finalizar o espectáculo haberá unha breve conversa con Afonso Becerra, autor do libro Historia da Danza Contemporánea e a equipa do espectáculo.

Dirección artística e idea orixinal: Xián Martínez Miguel
Repetición: Sayoa Belarra.
Espazo sonoro e asistencia creativa: Fernando Martínez de Careaga
Asistencia coreográfica: Kateryna Humenyuk
Deseño de iluminación: Álvaro Estrada
Técnico de iluminación: Fermin Izko
Vestiario: Paula Barcia, Manuel Escurís e Saioa Matxain
Fotografía: Blanca Razquin
Coreografía: Ana F. Melero, Sayoa Belarra, Mariona Jaume, Kateryna Humenyuk, Paula Urquijo, Araitz Lasa, Marta Alonso, Paula Quintas, Tania Velo e Xián Martínez
Elenco artístico: Ana F. Melero, Sayoa Belarra, Mariona Jaume, Kateryna Humenyuk, Paula Urquijo, Araitz Lasa, Marta Alonso, Paula Quintas e Tania Velo

Entradas anticipadas (sen gastos de xestión)
• A través da páxina web de Giglon (www.giglon.com).
• Na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

O público entre 12 e 18 anos poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas soltas adquiríndoas anticipadamente a través de Internet co código de desconto OTEATROMOLA (no control de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events