maio, 2019

22mai20:00Pint of science: Nanopartículas, exoplanetas e outros misteriosCHARLA | De balde20:00 Mercado do Berbés

Máis

Detalles do evento

Da man dos dous relatores daremos un salto imposible desde unha charla interactiva sobre partículas extremadamente pequenas, ata unha visión innovadora sobre os xigantes corpos celestes que coñecemos como planetas, para comprender mellor un universo aínda descoñecido: o noso.

A interferencia é un fenómeno propio das ondas que aparece a miúdo na nosa vida cotiá. Podemos observar o fenómeno nunha película delgada de xabón vertical, comprendendo así as interferencias construtivas e destrutivas nunha actividade práctica a escala nanométrica mediante a observación de espectaculares bandas de cor ( cian, magenta e amarelo) que dependen do grosor da película. Os resultados obtidos poden relacionarse coa investigación metrológica en interferometría ultrasensible que se realiza na Universidade de Vigo.

Se as astrofísicas do sistema α Centauri quixesen saber se no Sistema Solar hai vida, que deberían facer e con que problemas atoparíanse para detectarnos. No contexto dos máis de 4000 exoplanetas detectados ata hoxe, a Terra pode ser usada como un potente laboratorio de investigación para a procura de vida no Universo.

Hora

(Mércores) 20:00

Lugar

Mercado do Berbés

Avenida de Beiramar, 59, 36202 Vigo, PO

X