maio, 2019

21mai20:00Pint of science: A tecnoloxía do futuro no presenteCHARLA | De balde20:00 Mercado do Berbés

Máis

Detalles do evento

Sabemos que a tecnoloxía avanza, pero poderiamos ejemplificar que aplicacións reais ten? Nesta sesión contamos con dous expertos que nos explicarán e sorprenderán sobre o uso das novas tecnoloxías en dous ámbitos tan reais como diferentes: a impresión 3D e a teledetección de incendios forestais.

A Impresión 3D ou Fabricación Aditiva abre unhas posibilidades inmensas no desenvolvemento de produto para sectores industriais moi diversos: agroalimentario, biomédico, aeronáutico, naval. A miúdo é considerada como a “panacea industrial”, como a 4ª revolución industrial que o cambiará todo e creará cousas inimaxinables. Sendo esas expectativas moi ben fundamentadas, esta charla está concibida para contarvos os mitos e as verdades sobre esta tecnoloxía, desde a experiencia de alguén que leva traballando nela máis dunha década, a través de exemplos diversos.

FireRS (acrónimo de wildFIRE REmote Sensing) ten como obxectivo proporcionar ás axencias de emerxencia e/ou centros de coordinación unha ferramenta innovadora para a detección e a xestión do incendio mediante novas tecnoloxías. A nova plataforma creada en FireRS ofrecerá información case en tempo real, posicionado GPS, perímetro do lume, imaxes infravermello, predición da propagación, protocolos de actuación, etc. O conxunto componse de sensores de terra, un picosatélite dedicado, unha estación de terra local e remota así como un centro de control da misión.

Mércores 22 – https://amovida.gal/events/pint-of-science-nanoparticulas-exoplanetas-e-outros-misterios/

Hora

(Martes) 20:00

Lugar

Mercado do Berbés

Avenida de Beiramar, 59, 36202 Vigo, PO

X