VIALIA
bannerPicnicSesions

Pint of science

11mai20:00Pint of scienceACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Cañaveral

Detalles do eventos

Pint of Science (PoS) 2022, o festival de divulgación científica que propón un encontro entre os investigadores e o público nos bares, chega os días 9, 10 e 11 de maio a Vigo. Este ano terá lugar no recén estreado Cañaveral, situado na céntrica Porta do Sol.

O martes, toca a quenda da nosa sociedade e para iso contaremos con Belén Varela, docente na Universidade de Coruña, que nos falará de psicoloxía para gañar produtividade e saúde laboral: “A ciencia do bo traballo”. A continuación, Gonzalo Álvarez Jurado, catedrático de Xenética na Universidade de Santiago, unirá historia e xenes na súa charla “O feitizo xenético dos Austrias”: analizando as consecuencias da elevada consanguinidade que tanto marcaron a esta dinastía.

Luns 9
20:00h Microbiota: algo máis que microorganismos – Nuria Estévez Gómez
21:00h Homo obesus – Federico Mallo Ferrer
Martes 10
20:00h A ciencia do bo traballo – Belén Varela
21:00h HISTORIA E XENES: O Feitizo Xenético dos Austrias – Gonzalo Álvarez Jurado
Mércores 11
20:00h Extra, Extra, achamos un molusco xigante na Antártida: Diversidade bentónica nun mar xeado. – Jesús Souza Troncoso
21:00h Peixe de crianza? Si, grazas! – Tito Peleteiro Alonso

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Cañaveral

Praza Porta do Sol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events