
Detalles do eventos
Tras o rotundo éxito da súa xira por Estados Unidos e Latinoamérica, Pimpinela chega ao Auditorio do Mar de Vigo o 14 de setembro co
Detalles do eventos
Tras o rotundo éxito da súa xira por Estados Unidos e Latinoamérica, Pimpinela chega ao Auditorio do Mar de Vigo o 14 de setembro co seu novo espectáculo Noticias del amor. Cunha aposta en escena innovadora e un percorrido musical polos seus grandes éxitos, o dúo formado por Lucía e Joaquín Galán chega cunha proposta que combina música, teatro e humor, levando ao público a través das distintas formas en que o amor e as relacións evolucionaron co paso do tempo. Coa carisma e a paixón que os caracteriza, Pimpinela promete unha experiencia inesquecible en cada un dos concertos cos que recorrerán España, festexando máis de catro décadas sobre o escenario.
Neste tour, o dúo interpretará clásicos como Olvídame y pega la vuelta, A esa y La Familia, xunto aos seus últimos éxitos Traición, Cuando lo veo y La Trampa, que en poucos días superou os sete millóns de reproduccións en YouTube. Ademais, rendirán homenaxe a icónicas cancións de cada época, con versións de artistas como Bee Gees e Adele.
Este espectáculo, que xa conquistou cidades como Nueva York, Miami, Ciudad de México e Los Ángeles, distínguese polo seu formato único: Lucía e Joaquín convértense en presentadores dun informativo especial sobre o amor, donde as eternas discusións de parella cobran vida con humor e paixón.
As entradas estarán dispoñibles o próximo día 10 de abril ás 10:00 horas en teuticket.com.
Máis
Hora
14 setembro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
- Mes actual