CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Piensa en Wilbur

17nov19:00Piensa en WilburESPECTÁCULOS | Desde 16,00€19:00(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

‘Piensa en Wilbur’ é un espectáculo infestado de acrobacias, humor, e risco, moito risco: a única maneira na que Wilbur sabe vivir. Cunha técnica e un físico fóra do común, creará situacións imposibles que deixarán ao público anonadado. Acompañado dos seus amigos inseparables: Contractura, Tirón e Desgarro demostraranos que a acrobacia non é só un deporte. Un espectáculo que impactará no público (literalmente).

Víctor Ortiz (1981, Alacante), máis coñecido como Wilbur, é ximnasta, actor e artista de circo. Con tan só cinco anos iniciouse por casualidade no mundo da ximnasia artística. Especialista en aparellos de chan, salto e barra, foi perfeccionando a súa técnica ata chegar a competir á beira de ximnastas como Gervasio Deferr ou Oriol Combarros. Aos 16 anos, quedou ás portas do CAR de Madrid, pero decidiu seguir adestrando, chegando a proclamarse campión de España de acrosport.

Adestrando no seu Alacante natal, coñeceu ao malabarista ‘Piti’ co que empezou a actuar. De feito, o seu nome artístico Wilbur xorde 10 minutos antes dunha actuación en Elxe, lendo panfletos de publicidade. A partir dese momento, decide que a súa vida vai ser o circo, chegando a formar parte do Cirque du Soleil como acróbata.

‘Piensa en Wilbur’ é o seu primeiro espectáculo unipersoal. Un show que foi crecendo co tempo e que fixo gozar a miles de espectadores. De feito, miles deles séguenlle tamén nas súas redes sociais, nas que acumula máis de 900.000 seguidores -entre Instagram e TikTok-.

Entradas

Máis

Hora

17 novembro, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events