
Detalles do eventos
Este ano as Picnic Sesións organizadas pola Asociación Lideiras de Saiáns veñen cunha chea de novidades. A primeira é que acaban de lanzar cervexa propia
Detalles do eventos
Este ano as Picnic Sesións organizadas pola Asociación Lideiras de Saiáns veñen cunha chea de novidades. A primeira é que acaban de lanzar cervexa propia en colaboración coa empresa do Val Miñor, Cervezas Banda. O domingo 25 estarán presentándoa e dándoa a degustar de forma gratuíta na fábrica que Banda ten en Porto do Molle, a partir das doce do mediodía. Durante este evento de presentación, haberá música a cargo Bosco Hill e Profesor Caverno que estarán picando temazos. Tamén haberá petiscos para acompañar á cervexa, suministrados por locais da contorna.
A organización Lideiras tamén anunciou que este ano o festival cambia de formato e se desenvolverá na primavera en tres partes: o 17 de marzo, o 20 e 21 de abril e o 13 de maio. O que non cambia é a esencia do evento que baixo o lema “Natureza, cultura e comunidade” seguirá apostando pola música viguesa e actividades de carácter medioambiental para pequenos e maiores.
Máis
Hora
25 febreiro, 2024 12:00(GMT+01:00)
Localización
Mollo Espacio Gastronómico (Porto do Molle)
Rúa das Pontes, 4 - bajo, 36350, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual