Detalles do eventos
[ACTUALIZACIÓN] As Picnic Sesións que se ían celebrar esta fin de semana en Saiáns aprázanse por mor da metereoloxía. Ao tratarse dun evento ao aire libre, a organización
Detalles do eventos
[ACTUALIZACIÓN] As Picnic Sesións que se ían celebrar esta fin de semana en Saiáns aprázanse por mor da metereoloxía. Ao tratarse dun evento ao aire libre, a organización vese na obriga de cancelar o festival e anuncia que pasarán a celebrars o 5 e 6 de setembro. Os organizadores sinalan que debido ao cambio nas datas a programación podería sufrir algún cambio do que informarán nas próximas semanas.
Volven as Picnic Sesións a Saiáns a fin de semana do 9 e 10 de maio. Esta edición promete ser moi especial por dous motivos. Por primeira vez, o jazz terá un oco no festival co concerto de Manuel Cebrian Trio Jazz. Pero se hai un momento cargado de emoción nesa fin de semana será a homenaxe a Mingos Teixeira, o recoñecido pintor e mestre que faleceu o pasado verán. Ademais dunha xuntanza pública de exalumnos, o festival celebrará o seu Certame de Pintura Rápida na súa honra, un evento que xa comezara en vida do artista e que agora adquire un significado especial.
Sábado 9:
10:30 – Roteiro Forestal
11:00 – Limpeza na praia
12:00 – Xuntanza homenaxe
12:00 – Certame pintura mingos teixeira
13:00 – Duende circo
15:00 – Los wavy gravies
17:00 – Los pontiaks
18:30 – Entrega premios certame pintura rápida
Domingo 10:
11:30 – Charla comunidade de montes
12:30 – Presentación coop. ‘Somos terra’
13:30 – Paco Nogueiras
15:30 – Zeltia Irevire
17:30 – Manuel Cebrián e trío jazz
19:00 – Jamming morrazo (pinchada reggae)
Hora
8 maio, 2026 17:18 - 17:18(GMT+02:00)
Localización
Baixada á Praia, Saians
Baixada á Praia, 83


