Photowalk: Parque natural de Barosa e bosque secuoyas de Poio – A Movida

abril, 2018

21abr09:30Photowalk: Parque natural de Barosa e bosque secuoyas de PoioRUTA FOTOGRÁFICA | Desde 12,00€09:30

Máis

Detalles do evento

Disparo Digital organiza unha nova ruta fotográfica, o sábado 21 de abril, que se realizará en varias localizacións cerca de Pontevedra.

Aproveitando o forte caudal que temos nesta primavera chuviosa acercarémonos pola mañán ás fervenzas do río Barosa, ¡sen duda é o momento ideal para coñecelas e recorrelas!
O parque natural do río Barosa é un entorno onde ao longo da pendente das cascadas formadas polo río podemos atopar ata 17 muíños, varios deles restaurados.
Recorreremos con calma a senda dos muíños e o entorno das fervenzas que dará moito xogo fotográfico tanto para captar os detalles do paisaxe como para practicar as diferentes velocidades de disparo fotografiando o movemento do auga.

Un lugar fermoso para coñecer, fotografiar e no que descansar e comer.

Despois de comer en Barosa, xa pola tarde, dirixirémonos a Poio, para coñecer e fotografiar o bosque de secuoyas, o chamado bosque de Colón -o máis grande de Europa– un dos árbores máis altos e lonxevos que existen.

Para rematar o día co solpor paseando polas antigas casas mariñerias de pedra e os hórreos que forman a arquitectura popular do casco histórico-artístico de Combarro.

Podes inscribirte na ruta fotográfica facendo click aquí.

Hora

(Sádado) 09:30

Organizador

X