REVISTA ABRIL

18set12:00PhotocanACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+02:00) Tinta Negra

Detalles do eventos

O vindeiro domingo 18 de setembro, de 12:00h. a 20:00h., terá lugar en Vigo a terceira edición do evento fotográfico solidario “PHOTOCAN SKÖLLDOG”. Será no Bar Tinta Negra, situado na rúa Irmandiños 2, en pleno centro da cidade!
O evento é a favor de tres protectoras de animais: “Vos Biosbardos”, “Proxecto Gato” e “A Illa de Tali”. Constará das seguintes actividades:

  • Photocall: é a actividade principal. Todos os interesados poderán sacarlle unha foto á súa mascota grazas á fotógrafa Skölldog. O prezo da foto será de 8 euros, dos cales 4 irán destinados integramente ás protectoras. A foto será editada e entregarase tanto en formato dixital como en papel (a recoller na papelería Folder na rúa Progreso 22, baixo, Vigo). Con cada foto regalarase unha bolsa de chuches para o teu peludo, un adhesivo do evento e unha rifa.
  • Sorteos: venderanse rifas por un importe de 2 euros que irán destinados de maneira integra ás protectoras. O sorteo celebrarase o día 20 de setembro a través das redes sociais. Haberá premios como unha sesión de fotos, almorzos e ceas, tatuaxes, unha fin de semana en furgoneta… e moitos máis!
  • Mercadillos: as protectoras estarán a vender os seus artigos para poder sufragar os gastos do refuxio (facturas, comida, desparasitaciones, mantemento…). O recadado irá de maneira íntegra á protectora.
  • Recollida de alimentos: teremos un punto de recollida de alimentos, produtos de limpeza, correas e colares, xoguetes, mantas, produtos de desparasitación… todo o necesario para que a vida no refuxio sexa o máis fácil posible.
  • Photocall dos colaboradores: haberá un segundo photocall gratuíto con todos os logos dos nosos colaboradores para poder subir ás redes sociais ao momento. Sen eles isto non sería posible!
  • Charla: as protectoras explicarán ao longo do día como funciona un refuxio, o seu financiamento, o voluntariado, a importancia das adopcións…
  • Pequena exposición de fotografías de Skölldog no interior do local.
  • Pub e sesión DJ ao longo de todo o día.

    Vigo é unha das cidades galegas con máis cans censados, a pesar diso, carece de espazos e vantaxes para os nosos peludos se a comparamos con outras cidades dos arredores, sen ir máis lonxe.
    Con este evento tamén queremos darlle voz a esta parte tan numerosa da nosa sociedade, os cans vigueses.
    Queremos máis actividades, menos espazos prohibidos, máis zonas para os nosos mellores amigos de catro patas!

Máis

Hora

18 setembro, 2022 12:00(GMT+02:00)

Localización

Tinta Negra

Rúa dos Irmandiños, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events