GFFF

Photocan

17set12:0020:00PhotocanFESTIVAIS E FEIRAS | 8,00 €12:00 - 20:00

Detalles do eventos

Quinta edición do evento solidario organizado pola fotógrafa Skolldog e a perruquería canina Chulos. O domingo 17 de setembro, de 12:00 a 20:00, na cafetería Runners (Av. Castrelos 188)

O evento é a favor das protectoras de animais Os Biosbardos, Proyecto Gato e La isla de Tali.

Programa:
Photocall animal:
@skolldog retratará a todos os animais que veñan colaborar ao evento.O prezo da foto será de 8€, dos cales 4€ irán destinados ás protectoras. As fotografías serán editadas e entregaranse reveladas a partir do 18 de outubro.
Con cada foto regalarase unha rifa, un adhesivo do evento (ata fin de existencias) e unha bolsita de chuches.

Sorteos: venderanse rifas a 2€ (cartos para as protectoras) para poder participar nos sorteos que se realizarán o martes 19 de setembro a través do Instagram do Photocan. Entre os premios poderanse atopar cestas con produtos para animais, un tattoo valorado en 100€, gardería canina, unha sesión fotográfica… E moitos máis!

Mercado: as protectoras estarán a vender os seus artigos para así poder sufragar os gastos do refuxio (facturas veterinarias, comida para os animais, desparasitaciones, mantemento…) Poderás colaborar comprando roupa, libros, accesorios… O recadado irá de forma íntegra á protectora correspondente.

Máis

Hora

(Domingo) 12:00 - 20:00

Localización

Coffee Runners

Av. de Castrelos, 188