bannerPicnicSesions

Este é un evento repetitivo

Phármakon

18xuñ20:00PhármakonESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Phármakon é unha peza musical e escénica para viola, óboe, corno inglés, dous actores e unha creadora visual. Composta a partir das traxedias clásicas Antígona (Sófocles), Medea (Eurípedes) e As Bacantes (Eurípedes), a obra indaga en tres aspectos esenciais comúns a todas elas: (1) a relación entre o chibo expiatorio e a comunidade (convén lembrar que chibo expiatorio é a significación primeira de phármakon, antes quizá que veleno ou medicina), (2) os inestables límites da identidade persoal e (3) a clásica iconografía na que adoitan presentarse tanto esa relación como esa inestabilidade. Por baixo destes tres aspectos alenta –e quere marcar o ton xeral da peza– un substrato dionisíaco entendido aquí, lonxe das alporizadas interpretacións habituais, como ‘o elemento silencioso e poderoso do vexetativo’, en palabras do helenista Karl Kerenyi.

Ademais de significar veleno e medicina –segundo a dose–, phármakon era na Grecia antiga chibo expiatorio ou vítima propiciatoria, o individuo que era ritualmente exiliado ou morto para restablecer a saúde da comunidade. A traxedia parece provir destes ritos. Do recoñecemento da violencia lamentada, por un lado, e desexada, por outro. Da terrible asunción de que a agresión contra o outro xera pertenza, cohesión da comunidade.

Ficha artística

María José Pámpano (viola), Benxamín Otero (oboe, corno inglés), Raquel Hernández e Artús Rei
Escenografía, iluminación e creación visual: Laura Iturralde
Composición musical e dirección: Pablo Seoane

Coproducida pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego

Máis