Perseidas – A Movida

agosto, 2018

11ago21:30PerseidasVISITA NOCTURNA | De balde21:30 O Castro

Máis

Detalles do evento

Existen diferentes plans para gozar das estrelas fugaces ou Lágrimas de San Lourenzo nunha noite tan especial. Son os seguintes:

No monte do Castro, o punto máis elevado do centro da cidade, está programado ao solpor (21.30h) un concerto da Orquesta Clásica de Vigo a modo de benvida ás estrelas fugaces, na esplanada das anclas. Xa á noite, cando as estrelas comecen a deixarse ver, a Orquesta interpretará, só iluminados pola luz dos atrís, a obra Os Planetas de Gustrav Holst.

En Vigozoo continúan co seu ciclo de astronomía de tódolos sábados de verán, mais esta fin de semana é especial, xa que pasan a quedada ao domingo 12, aumentando o aforo ata as 200 persoas e debido á presenza de moitas crianzas, haberá actividades dirixidadas a elas, como aprender a ler un planisferio ou coñecer a orixe das perseidas. O horario tamén será máis dilatado, chegando ata máis das 00:30, que é o horario habitual das quedadas astronómcias, e cunha chocolatada ao remate da xornada.

Outra opción, probablemente a máis fermosa, é ver o ceo desde o mar, xa que as navieras Mar de Ons e Nabia ofertan percorridos nocturnos pola ría para observar as estrelas, cun prezo de 20 euros en adultos e de 10 euros en nenos e nenas ta 12 anos. Tamén existe a posibilidade de ver este fenómeno desde as Illas Cíes, onde haberá actividades especiais de astronomía e radioastronomía e un observatorio móbil. A maiores desta actividade, o Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece duranto todo agosto actividades e charlas gratuitas para todos os públicos sobre astronomía.

Hora

(Sádado) 21:30

Lugar

O Castro

2 10, Paseo de Alfonso XII, 36202 Vigo, Pontevedra

X