
30mai22:00PERRO FUTURO + LORELEI GREENCONCERTOS | Desde 10,00 €22:00(GMT+02:00) Sala MasterClub
Detalles do eventos
Segunda ocasión para poder ver a Perro Futuro en acción en Vigo! Unha vez máis, poñerán a sala patas para arriba chea de xente bailando, saltando e cantando.
Detalles do eventos
Segunda ocasión para poder ver a Perro Futuro en acción en Vigo! Unha vez máis, poñerán a sala patas para arriba chea de xente bailando, saltando e cantando. Desde o seu primeiro concerto, en La Encina (Ponferrada) en setembro de 2024, a banda non parou de traballar nin un minuto e conseguiu tocar xa 8 concertos defendendo o complicado forte de saír a ensinar un repertorio que ninguén coñecía pero que, ao parecer, aínda ecoa nas cabezas de toda esa xente que puido gozar deses directos.
Preguntádelle á xente da Master de novembro se aínda se acordan de Puro Cristal, Lorenzo en Llamas ou do Rey María… a ver que vos comentan as xentes do lugar. Apostamos a que aínda as seguen cantando. A banda está formada por Diego Amigo ao baixo e voz principal, Xoan Otero ás guitarras, e o autóctono de Vigo, Suso Valcárcel , á batería.
Estarán acompañados esa noite por uns invitados moi especiais que farán dela unha noite moi especial para todos os alí presentes. Leire Aparicio traeranos desde Bilbao o power feminino acompañada da súa banda LORELEI GREEN.
Especialmente en Bilbao, Lorelei Green pasou por escenarios como o festival BBK Bilbao Music Legends, o Palacio Euskalduna, o Cotton Club, a sala BBK, Azkena, Bilborock, ou o Kafe Antzoki e compartido escenario con artistas como Andrés Suárez na sala Santana 27, Mäbu no Teatro Campos Elíseos, ou Travis Birds, da man de máis Músicas. Eles son: Leire Aparicio: guitarra acústica e voz, Alex García: guitarra eléctrica. Ricardo de Lucas: contrabaixo e baixo eléctrico. Josu Polanco: Batería.
Máis
Hora
30 maio, 2025 22:00(GMT+02:00)
Localización
Sala MasterClub
Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra