Detalles do eventos
perMUTAcións é unha nova proposta de MUTA arredor da arte. Un formato pensado para escoitar, aprender algo interesante e gozar do momento.
Detalles do eventos
perMUTAcións é unha nova proposta de MUTA arredor da arte.
Un formato pensado para escoitar, aprender algo interesante e gozar do momento.
Arrancamos con tres sesións guiadas por Marta Riera, doutora en Belas Artes, ilustradora e docente, cunha ampla experiencia en divulgación da Historia da Arte e cunha maneira de entender a cultura tamén como unha forma de ocio: curiosa, activa e compartida.
Cada sesión dura arredor dunha hora e remata cun viño e un petisco. Nesta primeira sesión dominical falarase de ilusión, engano e virtuosismo: espazos que semellan máis amplos, bóvedas que se abren ao ceo, obxectos que case se poden tocar… desde a Antigüidade ata hoxe, da pintura mural á fotografía ou ao grafiti.
Hora
8 febreiro, 2026 12:00(GMT+01:00)
Localización
MUTA
MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra


