FAITE AMOVIDALOVER

15mar12:00PerMUTAcións: Marta Rieraactividades para o coco | 20,00 €12:00(GMT+01:00) MUTA

Detalles do eventos

Permutacións é un ciclo de actividades organizadas desde a sala MUTA na que se abre un espazo de conversa a partir dunha obra.

14 de marzo ás 12 h – Proxección de Curmá, de Alejandro Jato, que estará presente xunto á directora de fotografía, Alicia Francés. Despois da proxección, abriremos un diálogo guiado pola psicóloga Randall Hernández, para poñer en común o que a película nos move e nos deixa. A sesión inclúe un viño de Lagar de Pintos e un petisco.

15 de marzo ás 12h – Trompe l’oeil (trampantojo): ilusión, engano e virtuosismo, con Marta Riera. McQueen, Schiaparelli, Anderson, van Herpen… todos eles levaron a natureza á pasarela. Nesta nova sesión de perMUTAcións, Marta Riera analizará o universo destes e doutros deseñadores que levaron a fantasía e o virtuosismo técnico ás súas creacións ata establecer unha conexión coa arte e co ámbito museístico contemporáneo.A sesión remata cun viño de Lagar de Pintos e un petisco.

Entradas 20,00 € nesta ligazón. Información e reservas: 664 697 611

Hora

15 marzo, 2026 12:00(GMT+01:00)

Localización

MUTA

MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events