bannerVialia

xuño, 2021

17xuñ11:00Percorridos Vigo MigranteACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00 Estación Marítima

Detalles do eventos

FUNDAMAR, a través do seu programa Vigo Pesqueiro, celebra a “Semana Vigo Migrante”, en colaboración coa ONG Accem, no marco da celebración do Día Universal da persoa refuxiada que se celebra o 20 de xuño, co obxectivo de mellorar o coñecemento e sensibilizar sobre a realidade da poboación migrante máis vulnerable na contorna da cidade de Vigo.
A través das diferentes actividades previstas, entre as que se inclúen varios percorridos guiados (xoves 17 e domingo 20 ás 11 h), a visita ao estaleiro Cardama (xoves 17 ás 17 h), unha campaña de promoción en redes e a lectura do manifesto da persoa refuxiada, o vindeiro domingo 20 ás 11 h, diante da antiga estación marítima de Vigo, darase a coñecer a
historia de Vigo e o seu porto, como protagonistas indiscutibles dunha época, na cal, a bordo de grandes buques, partían persoas e familias enteiras que, por distintos motivos, migraban cara a América en busca dun futuro mellor; e a
que hoxe en día é cidade de acollida para persoas de diferentes nacionalidades que ven obrigadas a buscar un novo presente e construír futuro mellor, e na que en certo xeito o mar uniunos, hoxe por atopar oportunidades de emprego neste sector.
No seu conxunto a “Semana VigoMIGRANTE” apela, por unha banda, á nosa memoria colectiva estreitamente relacionada co movemento poboacional, e, doutra banda, trasladará á cidadanía a cuestión migratoria e o dereito á protección internacional desde un enfoque de defensa dos Dereitos Humanos.

Máis información e inscricións en: info@vigopesqueiro.com

Máis

Hora

(Xoves) 11:00

Localización

Estación Marítima

Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

X