VIALIA
bannerPicnicSesions

Percorridos Vigo Migrante

20xuñ11:00Percorridos Vigo MigranteACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00(GMT+02:00) Estación Marítima

Detalles do eventos

FUNDAMAR, a través do seu programa Vigo Pesqueiro, celebra a “Semana Vigo Migrante”, en colaboración coa ONG Accem, no marco da celebración do Día Universal da persoa refuxiada que se celebra o 20 de xuño, co obxectivo de mellorar o coñecemento e sensibilizar sobre a realidade da poboación migrante máis vulnerable na contorna da cidade de Vigo.

Actividades previstas:

Xoves 17, ás 20h: Percorrido guaido.

Xoves 17 ás 17 h: Visita ao estaleiro Cardama

Xoves 17, ás 20h: Percorrido guaido. Diante da antiga estación marítima de Vigo, darase a coñecer a historia de Vigo e o seu porto, como protagonistas indiscutibles dunha época, na cal, a bordo de grandes buques, partían persoas e familias enteiras que, por distintos motivos, migraban cara a América en busca dun futuro mellor; e a que hoxe en día é cidade de acollida para persoas de diferentes nacionalidades que ven obrigadas a buscar un novo presente e construír futuro mellor, e na que en certo xeito o mar uniunos, hoxe por atopar oportunidades de emprego neste sector.

Domingo 20 ás 11 h: lectura do manifesto da persoa refuxiada.

No seu conxunto a “Semana Vigo Migrante” apela, por unha banda, á nosa memoria colectiva estreitamente relacionada co movemento poboacional, e, doutra banda, trasladará á cidadanía a cuestión migratoria e o dereito á protección internacional desde un enfoque de defensa dos Dereitos Humanos.

Máis información e inscricións en: info@vigopesqueiro.com

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+02:00)

Localización

Estación Marítima

Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events