xuño, 2019

15xuñ11:00Percorrido polo Vigo pesqueiro + visita buque conxeladorVIGO PESQUEIRO | 8,00€11:00 Oficina de Turismo de Vigo

Máis

Detalles do evento

Actividade dentro do programa Vigo Pesqueiro, unha proposta de FUNDAMAR (Fundación para la pesca y marisqueo) para promover o coñecemento da nosa contorna e da actividade marítima e pesqueira pola que Vigo goza de tanto renome.

O programa está composto por catro actividades que se desenvolverán do 15 ao 28 de xuño e están dirixidas ao público familiar que queira somerxerse no pasado e presente mariñeiro da cidade.

Todas as actividades requiren inscrición previa, que deberá realizarse por correo electrónico no enderezo info@vigopesqueiro.

Sábado 15 de xuño, ás 11:00: Percorrido polo Vigo pesqueiro e visita a buque pesqueiro conxelador.
Sairemos da Oficina de Turismo de Vigo na estación marítima para unha xornada na que repasaremos a importante historia do porto de Vigo, que non se pode separar da historia da cidade. Os grandes buques que atracan na ría nos falan do profundo calado da mesma, que xunto á protección das illas Cíes fixeron da ría de Vigo un porto protexido natural, no que o cable do telégrafo levou “Vía Vigo” polo mundo enteiro. Por todos os mares do mundo faenan tamén a nosa frota como o buque pesqueiro conxelador que coñeceremos e que será o peche da actividade.

 

Mércores 19 de xuño, ás 9:30: Descobre Axencia Europea de Control da Pesca.

Sábado 22 de xuño, ás 10:30: Descobre a traiñeira: da pesca artesanal á pesca industrial. Embarcacións Tradicionais Bouzas.

Venres 28 de xuño, ás 11:00: Descobre Toralla, villae e illa, e visita á ECIMAT.

Hora

(Sádado) 11:00

Lugar

Oficina de Turismo de Vigo

Rúa Cánovas del Castillo, 3

X