ENCORDASS

23mai18:0022:30Percorrido polo Casco VelloACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00 - 22:30(GMT+02:00) Banco dos Contos

Detalles do eventos

O Ateneo Atlántico propón un percorrido polo Casco vello de Vigo da man de Rosa Sáenz o venres 23 de maio, a partir das 18:00 horas desde o Banco dos contos, ao pé do castelo de san Sebastián e fronte ao número 5 da rúa Pracer. A duración aproximada será de 2 horas e media.

Punto de encontro no Banco dos contos, logo iniciarase o percorrido camiñando polas rúas Abeleira Menéndez e Ferrería, polo barrio alto ata chegar ao castelo de San Sebastián. A conituación baixarase ao Paseo de Afonso e Poboadores ata o Berbés; subirase pola rúa Real ata a travesa da Esperanza, praza de Almeida e Cesteiros, onde darase por rematada a etapa.
Contamos con realizar un segundo percorrido que complete o de hoxe.

A visita é gratuíta, pero dadas as condicións da actividade, o grupo non pode ser moi numeroso, polo que é necesario inscrición previa no correo @ateneoatlantico.gal facendo constar o nome e apelidos da persoa solicitante; no asunto do correo poñer ‘Percorrido Casco Vello’.

Máis

Hora

23 maio, 2025 18:00 - 22:30(GMT+02:00)

Localización

Banco dos Contos

Rúa do Pracer 36202 Vigo Pontevedra

Other Events