bannerConfinarte
bannerSGPL

febreiro, 2020

29feb11:00Percorrido con Rosalía (O Vigo dos Cantares)ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00 Olivo de Paseo Alfonso XII

Máis

Detalles do evento

(NON É NECESARIO INSCRIBIRSE)

Percorrido guiado por Xurxo Martínez González. Levaranos a coñecer a cidade no século XIX da man de Rosalía de Castro pola Zona Vella de Vigo, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista. Valorar o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura. Descubrir os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de Cantares gallegos; saber que na rúa Real Juan Compañel mantiña a imprenta do Rexurdimento…

Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.

OLIVEIRA
PRAZA DO PEÑASCO: falaremos sobre a importancia do movemento industrial; o desenvolvemento da burguesía, os cambios arquitectónicos que se ían producindo daquela…
RÚA CHAO: darase a coñecer a relación da familia Chao con Vigo e con Rosalía de Castro. A importancia dos irmáns Chao, sobre maneira de Alejandro Chao…
RÚA REAL: faremos dúas paradas; unha diante do que foi a sede da provincia de Vigo. O que nos levará a falar sobre o significado que tivo sermos provincia e a súa relación coa chegada a Vigo da imprenta. E xa daquela, da relevancia cultural do Vigo do momento. A seguinte será diante da imprenta de Compañel, onde falaremos da Rosalía dos Cantares.
RÚA OLIVA: fronte onde estaba a imprenta de Faro de Vigo, local de Ángel Lema.
BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL, sede do antigo Casino de Vigo. A importancia do seu presidente, mecenas de Rosalía de Castro, por ter posto os cartos para que houbese a imprenta de Compañel en Vigo. Relevancia do Casino.
PRAZA DA CONSTITUCIÓN, onde estaba a botica de José María Chao. Sobre o movemento cultural, social e político que se producía na rebotica.

Hora

(Sádado) 11:00

Lugar

Olivo de Paseo Alfonso XII

xii 36202, Paseo de Alfonso XII, 7, 36202 Vigo, Pontevedra

X