Percorrendo a vía do tren – A Movida

maio, 2018

05mai10:00Percorrendo a vía do trenANDAINA FOTOGRÁFICA | 13,00€10:00

Máis

Detalles do evento

A beleza dun lugar abandonado transfórmase cando o lugar se recupera para o uso e disfrute dunha sociedade. Un bo exemplo, son os terreos da antiga liña de ferrocarril dende Vigo ata Chapela que aspiran a converterse, despois de que deixaran de usarse fai sete anos, nun xardín urbano.
Esta transformación da maleza en xardín, da adaptación dunhas vías nun paseo para viandantes e ciclistas, é un obxectivo esperado e ilusionante para moitos cidadáns.

O obxectivo desta ruta fotográfica, máis alá de coñecer esta vía e futura senda verde, é disfrutar coa fotografía dun entorno e localizacións moi fotoxénicos e interesantes, ideais para fotografiar a paisaxe coa ría de fondo ou practicar o retrato.

Nesta andaina fotográfica pararémonos nalgunhas localizacións no noso camiño pola vía, para practicar a composición e técnica fotográfica con máis detalle.

Localización: Vigo-Chapela
Material Necesario: Cálquera modelo de cámara
Días: Martes, 1 de maio
ou sábado, 5 de maio

Horario: Comezo sobre ás 10 da mañan ata as 13:30 aprox.
Cuota participación: 13 euros (menores de 14 anos acompañados por adulto gratis)
Información e contacto: info.laconde@gmail.com, 697 35 08 36

Pódeste inscribir na ruta fotográfica neste enlace

Hora

(Sádado) 10:00

Organizador

X