Detalles do eventos
A Asociación Etnográfica A Merdeira organiza o vindeiro domingo 1 de febreiro ás 17:00 a IX Merdeirada Cativa, para divulgar a figura propia do Entroido vigués entre a cativada.
Detalles do eventos
A Asociación Etnográfica A Merdeira organiza o vindeiro domingo 1 de febreiro ás 17:00 a IX Merdeirada Cativa, para divulgar a figura propia do Entroido vigués entre a cativada.
Nesta actividade os pequenos e pequenas da cidade poderán facer as súas máscaras para, unha vez caracterizadas, acompañar aos Merdeiros adultos polas rúas e prazas do Casco Vello nunha pequena saída, a cal estará amenizada pola Comparsa Decana Os Tarteiras e a Banda de Gaitas do Caco Vello.
Esta actividade desenvolverase no local da AVC Casco Vello onde ao remate pequenos e maiores gozarán dunha chocolatada. Para inscribirse é preciso cubrir un formulario web o cal estará dispoñible a partir do mércores 28 de marzo ás 20:00 horas. As prazas son limitadas, haberá dispoñibles 25 para nenos entre os 3 e os 6 anos e outras 25 para a rapazada entre os 7 e 12 anos.
O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura. Este ano fanse vinte anos desde a Asociación Etnográfica A Merdeira traballa para recuperar a súa figura e instaurala novamente nesta celebración tan festiva.
Hora
1 febreiro, 2026 17:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación do Casco Vello
Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra


