Pequenas mentiras para contar grandes verdades

19mai20:00Pequenas mentiras para contar grandes verdadesESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

O 19 e o 26 de maio de 2023 ás 20:00 realizaráse a conferencia performativa sobre o proceso de creación dalgunhas das personaxes que Patricia de Lorenzo interpretou ao longo dos últimos quince anos en diferentes obras da compañía Chevere; “Pequenas mentiras para contar grandes verdades”.

Eva é protagonista da peza Eroski Paraíso do grupo Chévere. Son personaxes (de mentira) baseados en persoas colectivas (de verdade). Pero Eva non está a ser ela mesma: está a actuar de si mesma nunha historia da que forma parte, pero que tampouco é a súa. Ser actriz é funcionar como Eva, e tantas outras mulleres, que moitas veces actúan como subalternas. Son outras falando a través de elas.

Patricia de Lorenzo protagoniza esta conferencia performativa sobre o proceso de creaciónde algúns dos personaxes que interpretou ao longo do últimos quince anos en diferentes obras da compañía Chévere. Unha enriquecedora viaxe de descubrimento entre esa forma de representar personaxes alleos que normalmente reproducen os imaxinarios do poder ou comprometerse a formar parte dunha historia e falar por si mesma ata erixirse como mediadora sobre o escenario. Algo que pasa por tomar conciencia e tomar partido.

Xograresa de Outono 2019, Premio Mestre Mateo 2020 ou María Casares 2012, entre outros, e máis de tres décadas de traballo en teatro, cinema, televisión e dobraxe avalan a traxectoria dunha das actrices máis grandes da escena galega, vinculada a Chévere desde 1994. Xunto a esta compañía de referencia en Galicia e con proxección nacional, Premio Nacional de Teatro 2014, protagonizou todas as súas montaxes, entre os que se atopan títulos que xa forman parte da historia teatral galega.

Na Sala Ártica, entrada anticipada 10,00€, en taquilla 14,00€.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events