Pequefreak

25set10:0021:30PequefreakPEQUERRECHOS | Desde 3,00€10:00 - 21:30(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Este ano, o Galician Freaky Film Festival (GFFF)  arrancará unha semana antes, cun día enteiro dedicado ao público infantil e xuvenil: O Pequefreak, un evento no que as nais e pais, tías e tíos, poderán iniciar aos máis cativos no marabilloso mundo do cinema freak.

O evento celebrarase o sábado 25 de setembro, durante todo o día e no Auditorio do Concello. As proxeccións serán o eixo central da programación, cun total de 19 curtametraxes entre as que os minifreaks deberán elixir a súa favorita. O broche final a esta xornada de cinema infantil será a proxección de Los Goonies, o clásico de 1985 dirixido por Richard Donner e baseado nunha historia de Steven Spielberg.

Ademais das proxeccións, o Pequefreak contará con varias actividades participativas, coma un obradoiro de StopMotion ou xogos de Realidade Virtual.

Podedes mercar as entradas a través da web https://vivetix.com/entradas-pequefreak-o-meu-primeiro-festival-2021

Máis

Hora

(Sábado) 10:00 - 21:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events