Pequeártiko: “FEO!”
24dec12:00Pequeártiko: “FEO!”PEQUERRECHOS | Desde 8,00€12:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
Un ano máis, os máis pequenos e pequenas da casa seguen tendo un espazo destacado na programación deste mes grazas ao IX Festival Pequeártiko de
Detalles do eventos
Un ano máis, os máis pequenos e pequenas da casa seguen tendo un espazo destacado na programación deste mes grazas ao IX Festival Pequeártiko de Nadal que terá lugar do 22 ao 31 de Decembro na Sala Ártika (Avda Beiramar 113, Vigo) e que conta cada vez cunha mellor acollida, tantoe ntre as compañías que presentan os seus espectáculos para participar nel como entre o público asistente.
Este festival está formado por 9 espectáculos de nove compañías de todo o territorio nacional que ofrecerán aos máis cativos da casa 12 representacións de teatro, títeres, e danza. Unha programación variada para gozar das artes escénicas en familia.
Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato , inspirado en“O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, para nenos a partir de 3 anos e familias. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente…Feo! é un canto á diversidade e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.
Programación
– Venres 22 de decembro ás 18:00h; “Molly y el gigante” de La Machina teatro (Cantabria)
– Sábado 23 de decembro ás 12:00h e ás 18:00h; “Tras los pasos de Peter Pan” de Teatre de La Caixeta (Comunidade Valenciana)
– Domingo 24 de decembro ás 12:00h; “Feo!” de Caramuxo teatro (Galicia)
– Martes 26 de decembro ás 18:00h; “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz” de Teatro del Andamio (Galicia)
– Mércores 27 de decembro ás 18:00h; “O xardín de Vila Gris” de Fulano, Mengano e Citano (Galicia)
– Xoves 28 de decembro ás 18:00h; “Superchica” de Bambalúa teatro (Castela e León)
– Venres 29 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Aupapá” de ZigZag danza (Asturias)
– Sábado 30 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h; “Burbuja” de Títeres sin cabeza ( Aragón)
– Domingo 31 de decembro ás 12:00h “A nena e os tres osos” de Migallas Teatro (Galicia)
Máis
Hora
24 decembro, 2023 12:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes