'Visión obxectiva' de Pepe Cáccamo

03feb(feb 3)17:3025(feb 25)19:30'Visión obxectiva' de Pepe CáccamoARTE E MUSEOS | De balde17:30 - 19:30 (25)(GMT+01:00) Cubo Vigo

Detalles do eventos

Estará dispoñible ata o 25 de febreiro.

Trátase das pezas de Pepe Cáccamo, un porta que tamén lle gusta retrabajar os obxectos. Na linea da poesía visual, de longa tradición neste país, Cáccamo recolle obxectos que lle sorprenden e ponos en diálogo con outros, Esa nova mirada cambia o significado previo, cotián, e incorpóralle un novo, habitualmente con certo deixe de ironía. Son pequenas pezas cun valor estético indubidable pero, ao mesmo tempo, son unha relexión sobre a nosa mirada sobre o mundo que moitas veces está atrapada no habitual. Como o pau do neno que se pode converter nun cabalo, os obxectos reclámannos unha nova atención para descubrir alternativas e novos significados.

O artista fala da súa obra:

“Nesta selección de imaxes do meu traballo obxectual reúnense algunhas mostras das miñas pulsións creativas. O xogo analóxico das formas naturais reinterpretadas como produtos de deseño industrial ou artesanal constitúe unha clave de sorpresa que acende con frecuencia o meu motor de invención. Tento recuperar, ademais, a terra da infancia, aquel mundo miniaturizado onde habitei en estado de asombro, reducido o meu corpo ao tamaño dos meus brinquedos, e, en consecuencia, fantásticamente expandida a dimensión dos obxectos domésticos. Enorme é o ábside da máquina de escribir que enmarca o grupo de actores a saudar o seu público desde o alto do escenario. A incursión na xeografía da miniatura perméteme relativizar o concepto e a vivencia da dimensión. Xogo tamén a perseguir o enigma dos códigos herméticos, dos textos intraducíbeis, autosuficientes como significantes da súa propia forma gráfica. Libros compactos, de lectura imposíbel, letras sen referente, liñas de arame que trazan un garfograma indescifrábel. Que non precisa cifra racional senón só acción interrogante, que é actividade central da literatura e da arte.”

De luns a venres de 17:30 a 19:30.

Máis

Hora

3 (Xoves) 17:30 - 25 (Venres) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Cubo Vigo

Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra

Other Events