PENSAR EN SERIE I – A Movida

setembro, 2018

19set19:00PENSAR EN SERIE IMASTERCLASS | 50,00€19:00 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

O actual interese polas series de ficción non é un fenómeno que se limite a un consumidor medio de contidos televisivos. Innumerables exemplos, desde as máis coñecidas producións clásicas ata as propostas contemporáneas máis innovadoras, confirman desde hai décadas o potencial creativo destas obras seriadas. O taller de análise expón un estudo minucioso das características, sintaxes, riscos e valores principais do xénero.

En esencia, a actividade busca estimular entre os participantes unha inquietude que lles permita recoñecer, asimilar e describir o tecido enunciativo no que se desenvolven as series de ficción que xeran maior interese. Isto permitiralles exercer unha mirada crítica en relación a aqueles títulos que, ata hoxe, moitos espectadores e afeccionados seguen unicamente baixo a pauta dun (non despreciable, con todo) apaixonamento amateur.

O desenvolvemento teórico do taller verase acompañado, de maneira permanentemente, co visionado complementario (e a súa consecuente desagregación) das referencias aludidas en cada sesión. Entre a multitude de exemplos que servirán como guía, prestarase atención a series pertencentes a moi distintas épocas da historia televisiva, con modelos tan dispares como: Twin Peaks, Luar, Alfred Hitchcock presenta, Breaking Bad, Better call Saul, Mad Men, Verán azul, Fariña, True Detective, Garth Marenghi’ s Darkplace, The walking dead…

Hora

(Mércores) 19:00

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

X