CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

Constance Hurlé baila as relacións afectivas en "Penélope, destecendo o vínculo"

14xan20:00Constance Hurlé baila as relacións afectivas en "Penélope, destecendo o vínculo"ESPECTÁCULO | Desde 10,00 €20:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

A Compañía Constance Hurlé, encabezada pola escritora e dramaturga do mesmo nome e formada por unha ducia de artistas vigueses, presenta os próximos días 13 e 14 na Sala Ártika a súa nova produción: Penélope, destecendo o vínculo. A peza de danzateatro continúa a estela do teatro físico e contemporáneo que a súa creadora leva explorando anos, esta vez para falar de saúde mental. Penélope é unha metáfora dos vínculos afectivos falidos, do apego desorganizado e inseguro. “Quixen desentrañar o apego adulto explorando a infancia”, explica Constance. A idea de levar a saúde mental á escena xurdiu por puro interese persoal, cando Constance comezou a falar da natureza das relacións persoais coas amigas e a consumir literatura sobre o tema.

Ademais de teoría psicolóxica, a imaxinería mariñeira está presente desde a imaxe gráfica, traballo de Marta Villar, ata as metáforas e elementos que se utilizan ao longo da peza. Tanto a estética como a teoría teoría fannos navegar, encallar, quedar prendidas, tecer redes e sucar ondas. Xa en Lara Hierro, anterior peza da mesma compañá, o mar estaba moi presente.

O espectáculo comeza como unha falsa conferencia sobre saúde mental que, aos poucos, vaise desintegrando en movemento ata acabar sendo unha peza de danza. Sobre o escenario, tres actores bailaríns, a propia Constance, Eva Comesaña e Diego Buceta e na proxección, case como un holograma, a bailarina Olga Cameselle, etérea personificación da nai das penélopes.

SINOPSE

Penélope ás veces é home, ás veces é muller; ás veces é illa, ás veces é ancora. Penélope tece e desteje os seus vínculos, ocúltase tras un tear que nega e anhela a chegada de Odiseo. Penélope lembra a infancia e fala de afecto, fala de perda, fala de medo, fala de trauma.

Penélope é unha peza de danzateatro contemporáneo que busca unha aproximación escénica á teoría psicolóxica do apego. Xorde da necesidade, cada vez máis presente na nosa sociedade, de comprender a conformación e desenvolvemento dos vínculos afectivos que establecen os seres humanos para a supervivencia.

EQUIPO

Dirección e dramaturxia – Constance Hurlé
Dirección coreográfica – Diego Buceta
Elenco – Constance Hurlé, Diego Buceta, Eva Comesaña
Asesoramento escenográfico – As dúas e punto
Iluminación – As dúas e punto
Espazo sonoro – Iago Marta
Videocreación – Sol Álvarez
Intérprete na videocreación – Olga Cameselle
Deseño gráfico e web – Marta Villar Cruces
Ollo externo- Alfredo Rodríguez, Sabela Domínguez

Horario: 
Sábado 13 de xaneiro ás 20:00h
Domingo 14 de xaneiro ás 20:00h 

Entradas:
Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: + 15 anos 

As entradas tamén poden conseguirse facendo unha aportación de 35,00 € (Facenda devolve 28,00 € na declaración) na campaña de micromecenado que teñen activa en Goteo e na que ofrecen recompensas a cambio de apoio para poder dignificar o traballo das participantes.

Máis

Hora

14 xaneiro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events