FAITE AMOVIDALOVER

Este é un evento repetitivo

24mar20:00Peña Trevinca organiza un novo ciclo de charlas para concienciar sobre o cambio climáticoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Concello de Vigo

Detalles do eventos

O Club Peña Trevinca, en colaboración co Concello e Vigo, organiza do 24 ao 26 de marzo unha nova edición do Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático. Neste evento participarán tres persoas moi destacadas no campo como son Odile Rodríguez de la Fuente; Alex Txikon e Mariano Baratech.

Na presentación do programa, o presidente do Club Peña Trevinca, Lois Faro, puxo en valor a divulgación dos valores mediambientales e os problemas do cambio climático nun escenario marcado polo discurso negacionista. Pola súa banda, Cristina Fernández, vogal de Medio Ambiente do Club Peña Trevinca, explicou que as tres xornadas viran ao redor da montaña, o medio ambiente e o cambio climático.

Programa

A primeira conferenencia terá lugar o martes 24 coa intervención dun dos mellores alpinistas internacionais, Alex Txikon, que acumula máis de 30 expedicións de inverno e ha consquistado 11 dos 14 “ochomiles” .”É un referente pola súa coherencia vital porque é o único alpinista do mundo que lidera de forma ininterrompida desde 2011 expedicións de inverno ao Himalaya e ascendendo aos 3 cumios sen asistencia de osíxeno artificial”.  Na súa conferencia abordará a resilencia dos montañeiros.

O mércores 25 Odile Rodríguez de la Fuente, filla do desaparecido naturalista, pronunciará a conferencia ‘O home e a terra’, a través da que abordará a complexidade do planeta e da nosa especie e do legado do seu proxenitor.

O xoves 26 o director da serie documentaalal Hope, Mariano Baratech, explicará as iniciativas que están en marcha para afrontar o cambio climático para demostrar que “estamos a tempo se se unen conocimento, vontade política e o compromiso social”.

O evento, de entrada gratuíta, celebrarase no Auditorio do Concello.

Hora

24 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events