bannerConfinarte
bannerSGPL

abril, 2020

25abr23:30PELUCAFest – 8º Aniversario PELUQartCONCERTOS | Desde 10,00€23:30 La Iguana Club

Máis

Detalles do evento

Para Sara García de PELUQart o 25 de abril é un día moi especial:

“O 25 de abril do 1976 naceu o meu irmán Pablo.

A VIDA, non se se é que está chea de casualidades ou é o destino, sexa como sexa, que cada un interpréteo á súa maneira.

O 25 de abril do 1974 nace a revolución dos caraveis en Portugal.

A PAZ.

O 25 de abril do 1971 os meus pais casan.

O AMOR.

Non podería escoller outra data para celebrar a primeira comuñón de PELUQart

8 ANOS DE AMOR & APRENDIZAXE

O próximo 25 de abril estamos de celebración, non só pola revolución dos caraveis, senón polos nosos anos de Arte para tirarnos dos pelos!

A terceira edición do PELUCAFest tráenos moi boa música e bo ambiente á sala La Iguana Club.

Como sempre para este festival temos o noso código de vestimenta: é obrigatorio o uso de PERRUCA para entrar.

Amparito, Mounqup, Esteban e Broa poñerán a nota musical a unha celebración como se merece, por estes 8 anos de arte e cultura en Vigo, e que sexan moitos máis”

Hora

(Sádado) 23:30

Lugar

La Iguana Club

Calle Churruca, 14, 36201 Vigo, Pontevedra, España

X