25abr10:00PAXAREARACTIVIDADES PARA O COCO |De balde10:00(GMT+02:00) Centro Social A Nubeira
Detalles do eventos
Paxarear é a actividade de observar aves na súa propia contorna, e, en plena época primaveral, estas atópanse no seu pico de actividade. Ferreiriños, pardais,
Detalles do eventos
Paxarear é a actividade de observar aves na súa propia contorna, e, en plena época primaveral, estas atópanse no seu pico de actividade.
Ferreiriños, pardais, paporrubios, pegas, xirines e moitos mais paxariños habitan en Vigo no monte do Castro, onde aprenderemos a identificalos e, se cadra, a aprezalos un chisco máis.
A saída de observación de aves comezará na porta do CSA, dende onde iniciaremos unha ruta circular dunha hora e media na que se explicarán diferentes aspectos da bioloxía das aves e doutros seres vivos cos que conviven.
Durante a actividade forneceranse tres prismáticos rotatorios, pero se contas cuns prismáticos de teu non dubides en traelos, xa que son unha ferramenta fundamental para a observación de aves!
Hora
25 abril, 2026 10:00(GMT+02:00)
Localización
Centro Social A Nubeira
R. de Pizarro, 6, Santiago de Vigo, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
maio


