
Paulo Pascual: Odas de theremin para tempos de pandemia
27out17:00Paulo Pascual: Odas de theremin para tempos de pandemiaCONCERTOS | De balde17:00
Detalles do eventos
Cru e austero na instrumentación. Tempos ralentizados que, porén, expanden o universo cotiá imposto pola pandemia. Himnos do nimio para tempos confinados, rumoreados dende o theremin. Paulo
Detalles do eventos
Cru e austero na instrumentación. Tempos ralentizados que, porén, expanden o universo cotiá imposto pola pandemia. Himnos do nimio para tempos confinados, rumoreados dende o theremin. Paulo Pascual presenta o seu segundo disco en Vialia, arroupado tan so deste, retrovangardista instrumento electrónico e piano. Nesta, a probablemente máis senlleira proposta do programa de actuacións da Estación de Vigo, Paulo expón con valentía retallos deses meses nos que “a comunicación e as relacións sociais cambiaran, quizais para sempre”. Á marxe de asistirmos a maxia da execución do instrumento desenvolvido por León Theremin no 1919, o concerto do mércores 27 de outubro mergullaranos no meticuloso traballo do “Modulador de Ondas”, obrando son sen tacto, compartindo connosco o intanxible, cando paradoxicamente, arelamos de novo a achega aos outros. “A música deste segundo cd situoume nunha posición adiantada, sen ser eu consciente, na percepción dun entorno mudado. Un proceso marcadamente solitario pero rotundamente sinceiro“, expl
Consulta neste artigo toda a programación de Vialia en outubro
Paulo Pascual é un dos poucos thereministas de España que traballan melódicamente con este instrumento. É o primeiro thereminista galego que publicou un LP (Planeta Theremin) con este instrumento como solista. No seu proxecto musical e visual faise chamar Modulador de Ondas.
Máis
Hora
(Mércores) 17:00
Localización
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra