
05xuñ20:00Paulo P.ESPECTÁCULO | -20:00(GMT+02:00) Teatro Permanente
Detalles do eventos
Este xoves día 5 de xuño ás 20:00 terá lugar un concerto de frauta travesa, frauta de bico, e gaita da man de
Detalles do eventos
Este xoves día 5 de xuño ás 20:00 terá lugar un concerto de frauta travesa, frauta de bico, e gaita da man de Paulo P., con posta en escena de Alberte Alonso para o Teatro Permanente. Repertorio anterior a 1800. A duración será duns 45 minutos.
Sobre o espectáculo
Unha vista de ollos rápida e non particularmente perscrutadora chega para constatar que a variación na música tonal é mais do que unha prática, é a condición mesma de posibilidade desa música. O problema é o modo de entender a variación. Hai variación de un modelo (rítmico, melódico, harmónico)? Ou o modelo é a variación? En termos emprestados doutra disciplina, perpetúase unha repetición do Idéntico ou prodúcese a repetición da Diferenza? Parece claro que existe un recurso formal por meio do que cada unha das diminucións ou variacións que conforman unha obra remeten ao Uno, o tema, a melodia primeira. Isto faria con que a variación sexa apenas dos elementos dun plano, cando sabemos que a produción da diferencia radica na variación do plano se non quer ficar nunha pseudodiferenza. Por outra banda, nada hai mais nefasto na produción da diferenza do que dicila, falala, como se con enunciar a multiplicidade esta xa se actualizase. A diferenza, en sentencia deleuziana xa clásica, non se di, faise. Como pode isto efectuarse na música? Como pode a variación atravesar aquel procedimento formal, que parece querer retrotraela sempre a un modelo inicial, para funcionar xusto ao contrario? Porque non se trata nunca de eliminar o Uno, é evidente que a queda na
indeterminación absoluta seria automática. Do que se trata é de fazer remeter o Uno á multiplicidade da variación. O que é que acontece, entón, en todo o repertório con variacións do, poñamos por caso, século XVIII para frauta?
Máis
Hora
5 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez 7, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual