Paula Bu Meets High Paw – A Movida

maio, 2018

12mai23:00Paula Bu Meets High PawCONCERTO | De balde23:00 La Galeríajazz

Máis

Detalles do evento

High Paw é unha cantante e MC de música negra de Vigo. A súa traxectoria comeza hai varios anos e vai pasando por diferentes formacións sempre adaptando as súas letras aos diferentes estilos. A música de raíz xamaicana é o seu forte, cun EP chamado “Searching for the recipe” ás costas e aparicións e moitas salas e festivais.

Paula Bu é unha cantante e letrista de Barcelona que comezou a súa andadura musical coa música góspel, actuando en importantes salas nacionais. Influenciada pola potencia da música negra, aporta un toque elegante aos patróns do Hip Hop e o Rub A Dub sen perder a complexidade vocal do soul e do jazz.
Desta volta xuntan forzas para ofrecer un acústico sen precedentes onde as voces serán os instrumentos principais, acompañadas da guitarra tocada por High Paw. Un repertorio de soul, jazz e hip hop sempre aderezado con sabores de Xamaica.

Hora

(Sádado) 23:00

Lugar

La Galeríajazz

Rúa da Ronda de Don Bosco, 21, 36202 Vigo, Pontevedra

X