>

03out22:30Paul Benjaman Band + Paul Val BandCONCERTOS | Desde 18,00 €22:30(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Sala Rebullón organiza dous concertos de dúas bandas norteamericanas, Paul Benjaman Band e Paul Val Band. Unha noite única de música con calidade brutal, onde o blues, o rock e o groove se mesturan para facer vibrar ata o último recuncho da Rebullón. Un evento irrepetible para os amantes da boa música en directo.

Paul Benjaman Band (Tulsa, USA)
Herdeiros do mítico Tulsa Sound, traen blues, rock, soul e grooves irresistibles. Cun novo disco que mestura riffs poderosos, solos arrepiantes e moita alma, son garantía dun directo electrizante.

Paul Val Band (Texas, USA)
Blues-rock texano en estado puro. Riffs afiados, enerxía crúa e unha posta en escena brutal que xa conquistou os escenarios de Europa en anteriores xiras.

ENTRADAS AQUÍ.

Hora

3 outubro, 2025 22:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events