VIALIA
bannerPicnicSesions

Pasiño a pasiño: Camiño Portugués

12set09:00Pasiño a pasiño: Camiño PortuguésACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde09:00(GMT+02:00) Campo de Fútbol de A Gándara

Detalles do eventos

A parroquia de Valadares colabora co Xacobeo XXI promovendo de novo este ano xacobeo unha segunda camiñada guiada polo seu treito do Camiño Portugués do Norte, 5 kilómetros que separan o Moxón Real da estrema coa parroquia de Vincios das inmediacións do Hospital Álvaro Cunqueiro. A peregrinación ‘Pasiño a pasiño imos facendo o camiño de Santiago’, de baixa dificultade e apta para maiores e pequenos, celebra a súa terza edición este mes de setembro atravesando varios dos espazos naturais máis fermosos da parroquia viguesa. 

A ruta, de 5 kilómetros, estará rodeada de música, actividades culturais e un parladoiro.

Iniciarase ás 9:45 h no campo de fútbol da Gándara.

A primeira parada será sobre as 10.00 h. no moxón real da estrema con Vincios (A Pasaxe), onde os camiñantes poderán escoitar as vivencias dalgúns dos experimentados andaríns xacobeos que nos acompañen, para iniciar de seguido a ruta cos Trobadores Aldariña de Candeán e o Cego de Matamá.

As seguintesparadas serán na casa do peregrino de Valadares (10.30 h.) e nos centenarios muíños do Rendondo e de Longras (11:00 h.), ata chegar ás inmediacións do hospital Álvaro Cunqueiro, límite do camiño de Santiago que discorre pola parroquia (11:30h).

A ruta continúa volvendo sobre os seus pasos, polo Muíño da Senra (12.30 h.) e pola leira do Centro Veciñal e Cultural de Valadares (12:45 h.), punto onde a Unión Musical de Valladares ofrecerá un concerto adicado ao Xacobeo e ás peregrinacións.

Unha vez rematada esta peregrinación cultural, os camiñantes poderán disfrutar dun espazo para facer un picnic na área natural da leira da Senra ao carón da cafetería do Centro Veciñal e Cultural de Valadares mentras continúan os romances e cantigas de Aldariña de Candeán e o Cego de Matamá (15:30 h.), a música mecánica de O Cefa-lo-podo Dr. Incógnito (16:00h.) e espectáculo circense de Nikita Kimoni

Máis

Hora

(Domingo) 09:00(GMT+02:00)

Localización

Campo de Fútbol de A Gándara

36315, Camiño do Futbol, 11, 36315 Vigo, Pontevedra

Other Events