Paseo solidario de Nadal en Taxi

07decTodo o díaPaseo solidario de Nadal en TaxiAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día: mércores)(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Por cuarta vez e logo de dous anos de suspensión por razóns de pandemia, o colectivo de taxistas de Vigo fará posible que case 200 persoas maiores de todas as residencias xeriátricas da cidade poidan gozar das luces de Nadal. Cincuenta vehículos trasladarán aos maiores e a unha vintena de coidadores para facer un percorrido por todas as rúas do centro.

Será o próximo 7 de decembro cando se leve a cabo esta caravana solidaria que percorrerá diferentes zonas iluminadas para rematar na Porta do Sol, onde serán recibidos polo alcalde.

Máis

Hora

Todo o día (Mércores)(GMT+01:00)