Paseo imaxinario (ou non) pola obra de Xela Arias

31out11:00Paseo imaxinario (ou non) pola obra de Xela AriasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00(GMT+01:00) O Castro

Detalles do eventos

Un paseo comentado coa escritora Susana S. Arins + poemas musicados por Clara Pino e Pablo Vidal.

Este paseo imaxinario (ou non) é unha versión fantasiosa das rutas biográficas. Esixe por parte das persoas participantes a capacidade de viaxar a outros lugares, xa que o espazo no que se desenvolve non deixa de ser unha metáfora doutros moitos. Este proxecto nace da lectura atenta da obra da poeta e serve de escusa para compartir os seus textos e as sensacións que provocan.

Neste caso o paseo parte da Poesía reunida (1982-2004) de Xela Arias para percorrer o parque do Castro de Vigo a modo de metáfora, porque podería haber tantos paseos imaxinarios (ou non) coma lectoras e lectores ten a obra.

SUSANA SÁNCHEZ ARINS
É licenciada en Filoloxía Hispánica e na Portuguesa pola USC e actualmente exerce de profesora no lES da IIla de Arousa. Participou activamente na dinamización da vida sociocultural estradense, especialmente nunha longa etapa como integrante da Asociación de Tempo Libre Mistura. Foi gañadora do XXI Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé coa obra [De]construçom, editada por Espiral Maior (2009). Posteriormente publicou Aquiltadas (Estaleiro Editora, 2012), A noiva e o navio (Através Editora, 2012), Seique (Através Editora, 2015, 2.ª edición ampliada 2019), Carne da minha carne (Apiario 2018), Tu contas e eu conto (Através Editora 2018) e Superulex (Cuarto de Inverno, 2020). En 2019 recibiu o Premio aRi®mar ao Mellor
Poema Galego e tamén o Premio das Librarías de Madrid ao Mellor libro de Ficción por Dicen (Deconatus Editorial, 2019), tradución ao castelán de Seique. En 2020 coa segunda edición ampliada de Seique (Através Editora, 2019) gañou o Premio de Narrativa na Gala do Libro Galego. Na actualidade a autora é parte tamén da plataforma de crítica literaria A Sega.

ACTUACIÓN MUSICAL DE CLARA PINO E PABLO VIDAL
Nesta ocasión Pablo Vidal ponse ao piano e xunto a Clara Pino compoñen a Xela Arias.
Clara Pino coñeceu a Xela Arias nos seus anos de universidade, onde teceron unha grande amizade. A dedicatoria das Letras Galegas 2021 a Xela Arias foi a coartada perfecta para musicalizar os seus poemas xunto con Pablo Vidal. A iniciativa foi tan gratificante que decidiron gravar un EP cos novos temas compostos. Nesta homenaxe achégase á poeta desde a amizade musicalizando os seus poemas, interpretando os temas ‘Nacín Soa’, ‘Teremos terás’ e ‘Non me conteño’.

Domingo 31 de outubro

Horario: de 11:00 a 13:00

Punto de saída: fonte do Castro

Prazas limitadas. Reserva previa en participa.cultura@depo.es

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+01:00)

Localización

O Castro

2 10, Paseo de Alfonso XII, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events