Detalles do eventos
A Librería Klandestina acolle unha nova sesión de rol para quen queira mergullarse nunha aventura de fantasía, misterio e toma de decisións en grupo. Baixo o nome de
Detalles do eventos
A Librería Klandestina acolle unha nova sesión de rol para quen queira mergullarse nunha aventura de fantasía, misterio e toma de decisións en grupo. Baixo o nome de Adventure Awaits, a actividade propón unha experiencia guiada na que os participantes interpretarán diferentes personaxes e construirán a historia a través das súas accións.
A partida está aberta tanto a persoas con experiencia previa como a quen queira iniciarse no mundo dos xogos de rol de mesa, nun formato pensado para fomentar a imaxinación, a colaboración e a narrativa compartida.
O prezo é de 15 euros por participante e é necesaria inscrición previa. Organizan Criticals Fails e a propia libraría.
Hora
5 xuño, 2026 17:00 - 19:30(GMT+02:00)
Localización
Libraría Klandestina
Rúa José Gómez Posada Curros, 10, Freixeiro, 36203 Vigo, Pontevedra


