Este é un evento repetitivo5 agosto, 2026 19:30
06ago19:3021:30Parrulas FestPEQUERRECHOS | De balde19:30 - 21:30(GMT+02:00) Esteiro da Foz
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán entrégase novamente ao goce das crianzas do luns 3 de agosto ao xoves 6 a través do Parrulas Fest, o festival míudo máis agardado
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán entrégase novamente ao goce das crianzas do luns 3 de agosto ao xoves 6 a través do Parrulas Fest, o festival míudo máis agardado polas familias da comarca e que ten lugar de xeito gratuíto no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz.
Nesta séptima edición, a cita contará con 8 compañías galegas e unha andaluza de artes escénicas de primeiro nivel (desde clown a circo, acrobacia, música, malabares…), e rematará cunha gala solidaria a prol de Gaza (Palestina) organizada por ‘Pallasos sen fronteiras’ e dirixida por Peter Punk, nome artístico do nigranés Isaac Rodríguez, cabeza máis visible do festival.
Como xa é habitual, haberá sesións matinais adicadas á primeira infancia e outras ás 19:30 e 20:30 h

PROGRAMA
Luns 3 de agosto, 19:30 – LeTriska Inmóbile, de Isla LeTriska
Espectáculo de novo circo que mestura malabares, clown, equilibrios e moita improvisación. Un personaxe disparatado sorprende ao público con habilidades imposibles e xogos participativos. Humor absurdo e diversión para todas as idades.
Luns 3 de agosto, 20:30 – Circanelo, de N+1
Proposta que combina teatro xestual, danza, acrobacia e clown para contar a historia dun artista decidido a presentar o seu espectáculo.
Martes 4 de agosto, 12:00 – Canta, Buguina, canta!, de Marta Ortiz
Espectáculo para a primeira infancia que convida a viaxar polo mar a través da música, a poesía e os contos. Animais, barcos e paisaxes mariñas cobran vida coa imaxinación e os obxectos. Unha proposta sensorial que fomenta o xogo e a literatura desde os primeiros anos.
Martes 4 de agosto, 19:30 – Mariñeiras, de A Cova das Letras
Mariña soña con converterse en patroa e deberá superar distintas probas para conseguilo. A obra achega ao público ao mundo do mar mediante cancións, humor e participación. Un espectáculo que reivindica o papel das mulleres no ámbito mariñeiro.
Martes 4 de agosto, 20:30 – A Estrada, de Pajarito
Unha road movie en clave de clown protagonizada por unha pallasa perdida nunha viaxe sen rumbo. Maxia, humor e referencias cinematográficas acompañan unha aventura chea de persecucións e situacións inesperadas.
Mércores 5 de agosto, 12:00 – Estrebillos, de María da Pontragha
Contos e cancións inspirados na tradición oral para xogar coas palabras e as emocións. A narradora propón un percorrido participativo por historias sinxelas e cheas de humor.
Mércores 5 de agosto, 19:30 – Antuán de la Cream, de Antuán de la Cream
Espectáculo de clown que leva ao público por unha montaña rusa de gargalladas. A improvisación e a interacción son as grandes protagonistas dunha función na que todo pode pasar.
Mércores 5 de agosto, 20:30 – Superharte, de Patty Diphusa
Unha proposta sobre a superación persoal e a importancia de vencer os medos. Co apoio do público, a protagonista afronta retos que parecen imposibles.
Xoves 6 de agosto, 19:30 – Concerto PunkInfantil, de Peter Punk e Brais das Hortas
Concerto que fusiona música, clown e espírito punk para reivindicar a creatividade e a liberdade da infancia. Humor, cancións e irreverencia únense nun espectáculo para todos os públicos.
Xoves 6 de agosto, 20:30 – Gala Solidaria por Gaza, de Pallasos Sen Fronteiras
A tradicional gala solidaria do festival reúne diferentes artistas nun espectáculo presentado por Peter Punk. A recadación destinarase a futuros proxectos de Pallasos Sen Fronteiras para a infancia de Gaza e Palestina.
Hora
6 agosto, 2026 19:30 - 21:30(GMT+02:00)
Localización
Esteiro da Foz
36393 Baiona, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


