'Pangalaica' de Xurxo Souto

27nov19:00'Pangalaica' de Xurxo SoutoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Libraría Cartabón

Detalles do eventos

O autor estará presentando o libro o próximo 27 de novembro de 2020 ás 19:00h.

Son oitenta pequenos relatos ilustrados. As historias e as persoas marabillosas que Xurxo Souto foi atopando nas súas viaxes por Galiza adiante. Petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: É mentira a fronteira entre o rural  e o urbano. Todas somos da aldea. Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade!

Xurxo Souto (A Coruña, 1966). Músico e escritor, en 1988 comezou a colaborar en diferentes medios de comunicación, nomeadamente na radio, onde conduciu os programas A Tropa da Tralla (Radio Coruña) ou Aberto por Reformas (Radio Galega). Escribiu dúas novelas e varios libros de relatos. Dirixiu a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo. Con outros compañeiros do barrio creou Os Diplomáticos de Monte-Alto, conxunto bravú. Tocou o acordeón en Tres Trebóns e, agora, é un dos compoñentes da Banda Xangai.

O aforo será limitado; polo que se recomenda anotarse para acudir no correo: listacartabon@gmail.con

Se non podes acudir pero queres o libro asinado, mércao na súa web (www.librariacartabon.com) ou no local da libraría e indica que o queres coa sinatura.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Libraría Cartabón

Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events