REVISTA VERAN

13xuñ19:00Pandeireteiras de O FiadeiroESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

O venres 13 ás 19:00 h o Museo do Mar de Galicia acolle a actuación, de balde, do grupo de pandeireteiras da formación O Fiadeiro.

Esta actuación encádrase dentro de Danza 3, o ciclo promovido pola Xunta de Galicia e o nomeado colectivo vigués xunto con Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e Xacarandaina da Coruña. A iniciativa, dedicada á difusión da danza e as músicas tradicionais galegas, incorpora concertos de pandeireteiras conmemorando a poesía popular oral representada polas cantareiras, ás que se lles dedica as Letras Galegas este ano.

Bande, Cee, Covelo, Culleredo, A Estrada, Melide, Moaña, Negreira, Ortigueira, Poio, Ramirás, Ribadavia, Rianxo, Vigo, Vilalba, Vilanova de Arousa, Vimianzo, Viveiro e Zas son as localidades que participan na décimo terceira edición de Danza 3.

Promóvense 21 actuacións de música e baile tradicionais nas catro provincias ata o mes de outubro.

Máis

Hora

13 xuño, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events