Pandataria
12dec20:30PandatariaESPECTÁCULOS | Desde 17,00€20:30(GMT+01:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
Inclusión. Amor. Diversidade. Sobre todo iso fálalle ao público Pandataria, o espectáculo de teatro, danza e rap protagonizado por Cayetana Guillén Cuervo e que chega
Detalles do eventos
Inclusión. Amor. Diversidade. Sobre todo iso fálalle ao público Pandataria, o espectáculo de teatro, danza e rap protagonizado por Cayetana Guillén Cuervo e que chega ao escenario do Teatro Afundación este xoves, 12 de decembro, ás 20:30 horas. Con esta obra conclúe a Temporada de Abono de Teatro da Obra Social de ABANCA en Vigo neste 2024, por cuxa programación pasaron tamén outros grandes intérpretes coma María Luisa Merlo ou Héctor Alterio. As poucas localidades aínda sen ocupar están dispoñibles en Ataquilla.com. A trama de Pandataria desenvólvese na minúscula Illa de Ventotene, de 1,54 quilómetros cadrados de superficie e que funciona coma cárcere desde tempos inmemoriais e onde vive exiliada Xulia a Maior, a protagonista da historia. Durante a Segunda Guerra Mundial, tres intelectuais son encarcerados en Ventotene polo goberno de Benito Mussolini e alí acaban redactando o manifesto «Por unha Europa libre e unida». As vidas de Xulia a Maior e os seus descendentes cambiarán para sempre desde que estes tres intelectuais chegan a Ventotene. Cayetana Guillén-Cuervo lidera o elenco, no que participan outros 5 intérpretes e bailaríns. Nos textos do espectáculo, asinados por Laia Ripoll, a historia do tamén chamado Manifesto de Ventotene, redactado na illa en 1941, crúzase coa de Xulia a Maior, que non é contemporánea, senón que acontece 2000 anos antes. Xulia a Maior, filla do emperador romano Augusto, foi unha das primeiras mulleres recluídas en Ventotene logo de que o seu propio pai decidise castigar ás mulleres consideradas adúlteras co desterro á illa.
Máis
Hora
12 decembro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes