23nov20:00'Palíndromos y viceversos'ESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle
Detalles do eventos
Palíndromos e viceversos é un proxecto de encontro entre o corpo, a palabra e o son. Andrés Corchero leva anos vindo ao Teatro Ensalle e
Detalles do eventos
Palíndromos e viceversos é un proxecto de encontro entre o corpo, a palabra e o son. Andrés Corchero leva anos vindo ao Teatro Ensalle e a Galicia para bailar e participar en diferentes proxectos relacionados coa danza e o corpo. Nesta ocasión, tiña ganas de colaborar con artistas galegos e de compartir a escena. Así que inventou este proxecto e propoúxollo a Nieves Neira, unha poeta galega que coñeceu hai uns anos en Lugo. Tamén quería música en directo, así que preguntou a Pedro e Raquel de Teatro Ensalle, que lle deron o contacto de Macarena, violoncelista coa que lle pareceu que poderían entenderse en escena. Así pois, isto será unha experiencia única cada día.
A billeteira abrirase unha hora antes do comezo do espectáculo.
Prezo 10€ (existen descontos).
PREZOS
Normal: 10€
Estudantes: 7€
Estudantes EOI: 7€
Xubilados: 7€
Grupo de 10 persoas: 7€
Desempregados: 6€
Estudantes ESAD: 5€
Socios 50%: 5€
Socios 100%: 0€
Hora
23 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)



