VIALIA
bannerPicnicSesions

Pálida + Iago Marta

11nov21:00Pálida + Iago MartaCONCERTOS | De balde21:00(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Pálida é o proxecto de música electrónica de José Garnelo, máis coñecido como Nelo. El afirma que sufriu unha revelación nun concerto de The Field, nas súas propias palabras: “Decidín que era o momento de facer un exercicio de honestidade asaltado por unha reflexión tal que esta: A ver, pavo, estás aquí, botando como un pito sen cabeza diante deste bafle e gozando cada segundo. Encántache esta movida. Admíteo e actúa en consecuencia”. Unha epifanía mentres tentaba meterse nese bafle que lle leva a conciliar os seus sentimentos cara á música electrónica e os sons sintéticos.

Iago Marta estivo involucrado en multitude de proxectos de estilos diversos como guitarrista e/ou compositor ( Catpeople, Recitals a domicili, Noar ou Enric EZ entre moitos outros) , traballou como guitarrista de teatro musical, gravou para televisión, tocou e/ou gravado con destacados músicos como Sebastian Merlín, Felix Rossy, Pablo Selnik, Jordi Bonell, Toni Vaquer, Roger Blàvia, Joan Mas…. virou por toda a península tanto en festivais como en grandes salas e exerceu a docencia en numerosas escolas de música, entre as que destaca o Taller de Músics de Barcelona.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events