Palestra: 'Análise do estado do carril bici' 

23set19:00Palestra: 'Análise do estado do carril bici' ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Aula D

Detalles do eventos

Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, Vigo Ciclábel organiza a I Bicicletada pola Mobilidade. Esta acción terá lugar o xoves 22 de setembro e sairá desde o Olivo do Paseo de Alfonso XIIás 20:00h. A bicicletada durará aproximadamente 1 hora, tempo durante o cal vaise facer un percorrido sinxelo polas principais rúas da cidade: Paseo de Alfonso XII > Pi y Margall > López Mora > Praza Independencia > Camelias > Venezuela > Brasil > Fernando O Católico > Urzáiz > República Arxentina > Praza de Compostela.

Bicicletada pola Mobilidade é un evento lúdico e reivindicativo, onde Vigo Ciclábel quere poñer o foco en varias cuestións relevantes para fomentar a mobilidade activa na cidade de Vigo. Estas cuestións son a necesidade dunha rede ciclista e a aplicación de políticas de pacificación do tráfico.

Rede ciclista e políticas de pacificación do tráfico

Vigo Ciclábel aposta por una rede de carrís bici e ciclocarrís ben conectados e con criterios homoxéneos. Esta rede ciclista permitiría percorrer a cidade en vías segregadas ou por vieiros de tráfico pacificado. E para acadar este obxectivo, serían necesarias políticas de pacificación do tráfico efectivas en todas as rúas da cidade. 

Algunhas medidas a tomar de xeito urxente serían, por exemplo, a redución da velocidade con lombos, os controis de velocidade en todo o casco urbano, o control do estacionamento irregular en paradas de autobús ou carril bici e a dobre fila, ou ben a redución a 10 km/h nas zonas de prioridade peonil e nas contornas escolares.

O carril bici de Vigo: análise da infraestrutura e conclusións

Ademais, o venres 23 de setembro, ás 19:00 en Aula D (Rúa Elduayen nº36), terá lugar unha palestra sobre a análise do estado do carril bici de Vigo realizada por Vigo Ciclábel. Nesta palestra exporanse o estado da infraestrutura e as conclusións obtidas deste ano de funcionamento do único carril bici existente en Vigo.

Nesta ligazón podedes coñecer o decálogo para facer Vigo máis ciclabel.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Aula D

Rúa Elduayen, 36, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events