Pakolas – A Movida

maio, 2018

11mai18:00PakolasACTUACIÓN MUSICAL | De balde18:00 Plaza Elíptica

Máis

Detalles do evento

Este venres, 11 de maio, na Plaza Elíptica organizan unha festa polas Letras Galegas con Editorial Galaxia e Pakolas.
Será a partir das 18:00h, cunha actuación musical de Paco Pakolas Cerdeira titulado “As Parábolas” e a partir das 19:00h un agasallo de Falamos de Libros (Editorial Galaxia) para os nen@s asistentes (ata fin de existencias).

‘Pakolas’ é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para @s mais cativ@s. Este é o nome que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade. Ten longa traxetoria neste eido profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte de A Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e moi persoal para o público mais pequeno, “Pakolas”, que xa conta con un librodisco no mercado co mesmo nome (Nov 2017, ED Galaxia), e leva xirando coas súas cancións por toda Galicia dende o mes de Abril de 2017 cos seus espectáculos.

Hora

(Venres) 18:00

Lugar

Plaza Elíptica

Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, 36203 Vigo, Pontevedra

X