
Paco Nogueiras: Contos a centos
26xan18:00Paco Nogueiras: Contos a centosA MOVIDIÑA | De balde18:00(GMT+01:00) Libros para soñar
Detalles do eventos
O músico Paco Nogueiras visitará mañá, venres 26, a libraría LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo no1, Vigo) para ofrecer unha sesión de animación á lectura co
Detalles do eventos
O músico Paco Nogueiras visitará mañá, venres 26, a libraría LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo no1, Vigo) para ofrecer unha sesión de animación á lectura co lema «Contos a centos». O encontro, a partir das 18:00 horas, está dirixido a nenas e nenos a partir de tres anos, que poderán gozar de títulos ben coñecidos do catálogo de KALANDRAKA como «Dó re mi» de
Antonio Rubio e Óscar Villán, «Polo camiño» de Mariana Ruiz Johnson, contos tradicionais como «Chibos chibóns» de Olalla González e Federico Fernández, ou clásicos como «Imos cazar un oso» de Michael Rosen e Helen Oxenbury, que Paco Nogueiras narrará e acompañará cos seus intrumentos.
Esta actividade enmárcase nun programa de promoción da lectura que conta co apoio do Ministerio de Cultura e Deportes a través do Plan de Fomento da Lectura 2021-2024.
Paco Nogueiras non só ten unha ampla traxectoria como contador de historias en escolas de toda Galicia. A súa traxectoria como músico, compositor e intérprete suma tres libro- discos publicados por KALANDRAKA: «Extra!», con ilustracións por Marc Taeger, é o seu terceiro traballo despois de «Radio Bulebule» e «Brinca vai!» (III Premio Martín Códax da Música na categoría infantil), ilustrados por David Pintor. En abril presentarase o seu próximo proxecto.
Máis
Hora
26 xaneiro, 2024 18:00(GMT+01:00)
Localización
Libros para soñar
Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra