VIALIA
bannerPicnicSesions

Paco Nogueiras

28xan17:30Paco NogueirasPEQUERRECHOS | De balde17:30(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Actuación musical infantil de Paco Nogueiras.

Diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Foi membro do grupo folk Ophiusa e tamén da Orquestra Os Modernos (Premios Martín Códax da Música na categoría de Orquestras e Grupos de Verbena no ano 2016) e tamén formou parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES . Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG.

Nestes momentos desempeña a súa actividade cos espectáculos “Brinca Vai!” (Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Infantil no ano 2016) , “Radio Bulebule” (Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Infantil no ano 2021) e o último traballo titulado “Extra!” baseados nos libros editados coa Editorial Kalandraka, compaxinando co labor de contacontos na Campaña de Animación á Lectura que realiza Kalandraka polos centros escolares.

Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e un actor convertido en músico. Despóis de moitos anos en activo fíxoo recabar en formacións teatrais como (OS TRES TENedORES , ELS COMEDIANTS , OS QUINQUILLÁNS , VOLTA E DÁLLE, etc) e musicais (OPHIUSA, DAGHDA, OS SOLENES, ORQUESTRA OS MODERNOS, etc) realizando diversas actuacións en escenarios nacionais e internacionais. Combinando este labor coa de monitor de teatro e compositor para espectáculos entre os que cabe destacar a realización da banda sonora da serie infantil emitida na TVG PLANETA FANTASÍA.

Os diferentes rexistros de Paco Nogueiras convérteno nun ser de espectáculo “todoterreo” capaz de afrontar retos de todo tipo.

Máis

Hora

(Sábado) 17:30(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events